Nehodí sa? Žiadny problém! U nás môžete do 30 dní vrátiť
S darčekovým poukazom nešliapnete vedľa. Obdarovaný si za darčekový poukaz môže vybrať čokoľvek z našej ponuky.
30 dní na vrátenie tovaru
Unha casa enfronte do mar, bañada pola marusía nos días de temporal,dúas plantas, un patio, unha escaleira e un corredor queé columnavertebral dun organismo que palpita, que respira, que semove.A casa encolle de frío os días de néboa e chuvia, cunruído de abismo nas almofadas e tremor de follas nas contras,agrándaseos días de calor luminosa que bate contra a fachada,cando abro as ventás e esa forza prodixiosa que é o espazo sen límites espertaen min unha enerxía de raíz sementada, eberro os nomes que configuran unha das eternidades conscientes que podo sentir, arespiración dun intre único.É doado intuír que a casa existiu, que me habitou moito máis que eu a ela. A orfandade que deixou, queson moitas orfandades, permanece, están no texto,en cada unha daspalabras e signos, nas dúbidas, nas convocatorias e chamadas,nasausencias que abundan, na breve luz que nace sempre a caróndunha sombra, como nas catedrais